sexta-feira, 21 de julho de 2006

Ás organizacións asinantes do "Manifesto a prol dun avanzo no autogoberno da Galiza"

Ás organizacións asinantes do "Manifesto a prol dun avanzo no autogoberno da Galiza"

Desde as Bases Democráticas Galegas, como parte do movimento social en defensa dos direitos nacionais da Galiza, saudamos a presentación do "Manifesto a prol dun avanzo no autogoberno da Galiza". Qualquer iniciativa en favor do noso direito de Autodeterminación será sempre unha boa noticia para quen situamos este obxectivo no centro do noso traballo diario.

Consideramos que o direito de Autodeterminación, a capacidade do noso pobo para decidir por si propio o seu futuro, é unha condición previa e indispensábel para cualquer reforma no cuadro xurídico-político que nos atinxe como nación; independentemente de que esta tome a via estatutaria ou cualquer outra.

Levando en conta esta consideración e o actual contexto político, vemos como unha prioridade reforzar as posicións de quen defendemos o exercicio do direito de Autodeterminación neste momento de mudanza a respeito da relación da Galiza com o Estado español.

Por este motivo queremos convidarvos a aderir e apoiar a manifestación en defensa da Autodeterminación que no próximo 25 de xullo percorrerá as ruas de Compostela sob as siglas das Bases Democráticas Galegas.


Esperando a vosa resposta, recebei un cordial saúdo autodeterminista.


Galiza, 21 de xullo de 2006