domingo, 6 de fevereiro de 2005

Foro de Opiniom

Abrimos na web das Bases Democráticas Galegas un foro de opinión aos que poderás dirixir os teus artigos de opinión, só tes que ter en conta que:

- Deberán ter relación cos puntos programáticos da iniciativa que impulsamos dende as BDG:
1- Galiza é unha nación. Ten dereito ao exercicio de autodeterminación.
2- O Pobo galego e Galiza son o único suxeito e ámbito soberano de decisión.
3- Democracia real e participativa. Cesamento do recorte das liberdades.
4- Plena normalización do galego como lingua propia de Galiza.
5- Marco galego de relacións laborais.
6- A nación galega non se cinxe exclusivamente ao território actual da CAG.

- Respetaremos a normativa na que escrebes.
- Non deberán ser excesivamente longos, por razón da capacidade da web.
- Poderán evidentemente ser publicados en calesquera medio de comunicación pola túa parte.
- As opinións verquidas son da túa exclusiva responsabilidade, é dicer as BDG non se fan copartícipes ou corresponsabeis das opinións manifestadas nos artigos.
- Terás que ter un pouco de paciencia para ver colgados na nosa web os teus artigos
- Deberás dirixir os teus artigos ao seguinte enderezo:

forodasbases@gmail.com

Bráulio Amaro. Coordenador das BDG