manifestaçom do Dia da Pátria começa a receber o respaldo de entidades sociais  e políticas galegas, no que se concebe como umha mobilizaçom unitária e plural  aberta a todas as pessoas e sectores sociais e políticos favoráveis ao direito  de autodeterminaçom da Galiza.
A continuaçom reproduzimos os comunicados de  apoio de Comité de Loita Popular "Manolo Bello Parga", de Unidade da Esquerda  Galega, e de Xavier Moreda, membro da Associaçom pola Memória Histórica do 36 de  Vigo.
Apoio à  manifestación das Bases Democráticas Galegas
Diante a convocatoria pola  Bases Democráticas Galegas dunha manifestación unitaria de toda-las forzas  políticas e sociais que defenden o dereito de autodeterminación dos povos,  dereito recollido mesmo na carta fundacional das Nacions Unidas, na Galiza o  Comité de Loita Popular "Manolo Bello Parga" quere amosar seu total apoio a esta  xusta iniciativa de unidade. Unidade a noso entender inescusábel neste intre  político no que se atopa o Estado español cun novo reparto estatutario que  recolle o poder das diversas fraccions da burguesía e na que goberno autonómico  galego ven lastrado pola sua debilidade e servilismo.
Estase a redactar un  novo texto estatutario a espaldas do povo galego, sen mais cauce de  participación que un futuro referendo que aprobe o pactado polas clases  dominantes.
Diante desta situación, os comunistas revolucionarios xunto coas  demais forzas progresistas, non temos mais camiño que artellar unha grande  unidade en torno a defensa do Dereito de Autodeterminación, dereito  irrenunciábel de soberanía das nacionalidades oprimidas dentro do Estado  español.
Chamammos a todalas forzas progresistas e revolucionarias do noso  povo a secundar o chamado de unidade para unha convocatoria no Día da Patria  Galega que poña no orde do día o noso dereito como povo a decidir o noso  destino.
Comité de Loita Popular "Manolo Bello Parga"
Estudar, asumir  e aplicar o Marxismo-Leninismo-Maoísmo
Galiza a 13 de xullo do 2006
* * *
Adhesión ás  Bases Democráticas Galegas
Polo dereito a reformularnos como Nación: A  prol da autodeterminación.
Polo cumprimento da lexislación internacional  (ONU) que nos lexitima como povo soberano.
Contra as inxerencias externas a  nosa vontade. A prol da contrucción Nacional de Galiza.
Por unha República  Galega e Socialista.
Lois Pérez  Leira
Unidade da Esquerda Galega
Vigo, 14 de xullo do 2006
* * *
Adhesión ás  Bases Democráticas Galegas
Coa recuperación da memoria, virá asemade, o  fortalecemento dun espírito crítico: de enfrontamento co noso pasado sécular,  como país conservador. É preciso combater a ignorancia: hai que unir vontades  para xerar ilusións e forzas contra as democracias de mercado e os usurpadores  da nosa soberanía. A prol da propia determinación de Galiza: un dereito  irrenunciabel.
¡Viva a República Galega!
Xavier  Moreda
Membro da Asociación pola Memoria Histórica do 36 de Vigo
Vigo, 14 de  xullo do 2006