Despois da desaparición do goberno Fraga Iribarne e o relevo no Estado español  pola socialdemocracia do goberno cuartelario do Partido Popular, semellaban  abrirse, en moitos sectores populares, certas expectativas de avance  democrático. Mais os feitos veñen a manifestar a fraxilidade de tales  expectativas: Seguen sen recoñecerse os direitos nacionais das nacións que  conforman o actual estado español, segue vixente a antidemocrática Lei de  Partidos, mantense os tribunais de excepción como a Audiencia Nacional, ingresa  en prisión Lluis Mª Xirinacs, comeza o proceso 18/98 contra 56 cidadáns bascos,  mantense a presenza de tropas españolas en Afganistán e Haití, continúa o acoso  contra toda disidencia política, social. Sindical e xuvenil....... A democracia  de moi baixa intensidade segue o seu curso.Mais se todo isto non fora pouco,  na Galiza asistimos con alarma a un acoso, persecución e criminalización sen  precedentes contra os movementos xuvenís organizados, eis as operacións  "Cacharrón" contra BRIGA e a última e máis espectacular se cabe contra AMI,  particularmente importante é a debilidade xurídica das imputacións feitas aos  detidos e detidas, aos que ademais lles foi negada a presunción de inocencia  desde o circo mediático - político-policial que se montou ao seu redor,aquí na  Galiza. Asistimos tamén no decurso desta operación ao asalto dos centros sociais  O PIchel, a Esmorga e a Revolta, nestes asaltos non só foron incautados  computadores, documentación privada destes centros, mesmo tamén foron espoliados  economicamente.
As Bases Democráticas Galegas temos que amosar a nosa fonda  preocupación pola violentación de direitos fundamentais, polo recorte dos nosos  direitos civís de expresión. asociación, pola falla de consideración da  presunción de inocencia de calquera detido ou detida, pola criminalización de  opcións políticas e ideolóxicas.
Dende as Bases Democráticas Galegas  entendemos que é hora de saír á rúa e berrar contra todas estas agresións e  contra o continuísmo das políticas represivas establecidas, por falar dun pasado  recente, nos oito ano de goberno do Partido Popular. 
Galiza, Decembro de 2005