As Bases Democráticas Galegas manifestan o profundo pesar pola perda do  compañeiro Fernando Pérez López na tarde de onte.
Home de firmes conviccións  e comprometido, a sua traxectoria vital está intimamente ligada á loita polos  direitos nacionais da Galiza e da clase traballadora.
Desde muito xoven  participou en diferentes iniciativas políticas, sindicais e sociais seguindo  sempre o fio conductor e os parámetros da esquerda e o soberanismo  galego.
Na actualidade  impartia clases nun centro de ensino medio de Pontevedra e presidia a Aula  Castelao de Filosofía. Foi un dos promotores das Bases Democráticas Galegas e un  firme defensor de todas aquelas causas que engrandecen un ser  humano.
As Bases Democráticas Galegas transmiten a sua dor e consternación por esta lamentábel perda a sua familia, amigos/as e compañeiros/as