quinta-feira, 1 de janeiro de 2004

Saudo d@s primeir@s assinantes e impulsionadores/as da iniciativa

Car@ compañeir@, car@ amig@:


En virtude de razóns que tanto teñen a ver con circunstancias propias da vida na Galiza canto cos avatares do panorama internacional, entre nos están a recuar principios que há dez anos facían parte saudábel, con claridade, das nosas conviccións e do noso debate cotián. De maneira singular, a defensa do principio da autodeterminación ten perdido dramaticamente terreo nun escenario marcado por un visíbel retroceso no que atinxe ao exercicio de dereitos e liberdades básicas. En consecuencia, cada vez é mais preciso pór en cuestión a condición democrática da Galiza de hoxe.
A iniciativa, que leva por nome Bases Democráticas Galegas, ten un obxectivo fundamental resgatar o vigor de principios como os que falan de autodeterminación e democracia, de defensa da lingua e dun cadro galego de relacións laborais. As Bases Democráticas Galegas non nacen contra ninguén. Configuran antes unha iniciativa, non partidaria nen sectaria, de persoas, mulleres e homes, que promoven a recuperación de elementos decisivos para rearticular un proxecto de resistencia, e ao tempo de proposta activa, frente à orde existente.

Sen outro particular, un saúdo d@s

Primeir@s asinantes e impulsores/as da iniciativa
(Antolín Alcántara, Celso Álvarez Cáccamo, Bráulio Amaro, Begonha Caamanho, Antón Dobao, Domingos Antom Garcia Fernandez, Xosé Maria Dobarro, Marcial Gondar, Dionísio Pereira, Afonso Ribas, Xesus Sanxuás, Xurxo Souto, Carlos Taibo, Carlos Velasco Souto)

Galiza, xaneiro de 2004