quarta-feira, 14 de fevereiro de 2007

Escribir, opinar é un delicto no Estado Español?. Paremos aos neo-franquistas ou voltaremos a repetir o inmediato pasado


Escribir nun libro, nun papel, nun panfleto, nun xornal, artigos, opinións ou mesmo uns nomes, que son ben coñecidos, que foron e son mil veces pronunciados en voz baixa, por temor, polas vítimas da barbarie, da inxustiza, da opresión, semella un delicto. Que alguén poida ser procesado, como acontece con Dionisio Pereira, ou mesmo condeado a prisión, por delictos de opinión ou por manifestar opinións contrastadas, en libros como o que da orixe a demanda dos herdeiros de Manuel Gutiérrez Torres, alcalde de Cerdedo durante o franquismo e xefe local da Falange Española nos días que seguiron ao golpe de Estado de 1936.

Este é o delicto de Dionisio Pereira, escribir nun documentado libro, ‘A IIª República e a represión franquista en Cerdedo’, como foron masacrados, torturados, asasinados, humillados, reprimidos ………sete veciños desa vila, e en concreto Francisco Arca e Secundino Bugallo, canteiros e da CNT, torturados e asasinados o 13 de agosto de 1936 nunha cuneta de Pedre.

Semella que o poder xudicial do Estado Español non consideran merecedores de investigación estes feitos e si o perseguiren aos que levantando a voz denuncian rigorosamente tanta impunidade ou mesmo perseguiren as persoas e colectivos que defenden coherentemente os direitos individuais , sociais e nacionais.

Galiza, Febreiro do 2007

71 anos despois do golpe de estado fascista de 1936

BASES DEMOCRATICAS GALEGAS