Como xa anunciaramos no seu día as Bases Democráticas Galegas diante do debate actual da reforma estatutária defendemos a necesidade da implicación popular directa na toma de decisións contra a práctica actual das elites políticas.
Conscentes da importancia de debater en profundidade a nova Reforma Estatutaria que nos anuncian, as Bases Democráticas Galegas organizamos un Foro de Debate sobre esta reforma , o referido Foro terá lugar o vindeiro 3 de Xuño no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia,da Universidade de Santiago de Compostela en xornada de mañán e tarde. Participarán neste Foro destacadas persoalidades que tiveron unha participación ou unha vivencia activas no desenvolvemento dos Estatuto de 1936 e 1981, abordándose na xornada da tarde os posicionamentos soberanistas dende a óptica dos diversos movementos sociais actuantes na Galiza hoxendía
Foro 
A Reforma estatutaria a  debate
Sábado 3 de Xuño de 2006
Paraninfo da Universidade de Santiago de  Compostela
O Estatuto de  1936
10.30 horas
Isaac Diaz Pardo
Xusto González  Beramendi
Avelino Pousa Antelo
Ramón Villares
O Estatuto de  1981
12.30 horas
Camilo Nogueira
Fernando Solla
Xesus  Veiga
Reforma  estatutaria, autodeterminación e movimentos sociais
17 horas
Antolín  Alcántara, sindicalista da CIG
Pedro Alonso, activista ecoloxista
Bráulio  Amaro, coordenador das Bases Democráticas Galegas
Celso Comesaña, activista  do movemento veciñal
Antón Dobao, activista cultural
Domingos Antom  Garcia, profesor de filosofia
Laura Ogando, militante de MNG